19/01/16


A rivalidade interparroquial foi unha evidencia ao longo do tempo en moitos dos concellos. E como non, no noso tamén. Rivalidade que tiña, sobre todo, o seu afloramento máis negativo nas festas[1] e competicións deportivas.
No tempo houbo competicións de fútbol ex profeso para enfrontarse equipos como os de Bueu e Beluso para así irmandarse xogadores e afeccións.
As veces eses intentos quedaron desbaratados polos mesmos rexedores dos clubs tal como ocorreu o domingo 16 de setembro de 1928 no que se ía disputar “o anunciado partido das medallas ‘Paraíso’ entre os equipos de Bueu e Beluso” e que non puido celebrarse “motivado a sensibles desavinzas entre as directivas de ambos clubs”.  
Diario de Pontevedra 18-09-1928 p. 2

06/01/16

Rapaces! Sabede que se os Reis Magos, Papa Noel ou os papás regaláronvos unha bicicleta ou unha pelota teredes que ir ao monte ou a algún sitio afastado para poder aprender a montar nela ou xogar co balón. Senón mirade o Bando-Aviso que promulgou o alcalde de Bueu no 1929:


Que eu saiba aínda non está derrogado. As veces habería que aplicar aos políticos aquel slogan do maio do 1968 “Prohibido prohibir”. Pero non todo é negativo pois a intención e a finalidade do mesmo creo que todos poderíamos subscribilo xa que o respecto aos demais é fundamento de convivencia:” [evitar] realizar calquera clase de actos que dificulten a circulación ou cause molestias aos veciños ou transeúntes”. 
Hoxe, gozade dos agasallos e mantede a ilusión que ninguén vos dirá nada...