28/5/15

Neste ano no que o Día das Letras Galegas estivo dedicado ao D. José Filgueira Valverde. Agora que pasou o vórtice de actividades, loas, deostamentos,... quero poñer dúas pinceladas relacionadas co “vello profesor” que sirvan soamente como pequenos recordos.
Carballeira fixo unha pequena recensión do seu libro “O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco” que Filgueira escribira con Fernández Ojea. A dito fascículo o cataloga dun “fondo valor pedagóxico”. E remata dicindo que serve para mostrar fora de Galicia que aquí temos xente que se preocupa por estudar “o que somos e o que temos na nosa terra.
Parécenos este labor fundamental para botar raíces dunha nova Galicia, porque un pobo comeza por asentarse historicamente cando discorre o seu pensamento cientificamente, sobre o camiño da razón, onde as cousas son tal como son e sábese por que.
Os señores Filgueira e Fernández Ojea puxeron coa súa obra un fito máis na nosa nova cultura”   
-------
A D. José Filgueira o lembro como profesor na súa etapa de Procurador en Cortes. Cito isto último porque na ousadía rebelde cando mozo recrimineillo sutilmente para, rapidamente e ante a súa reacción nerviosa, tornalo en xustificacións de utopías persoais que lle agradaron máis do previsto e me valeron un recoñecemento inmerecido ao longo da miña etapa no instituto. Froito desa consideración foi que habendo rexeitado a súa proposta de ser Estrepsíades ou Sócrates,  na obra As nubes de Aristófanes, non o puiden facer co papel do “Racionamento Xusto” o que me permitiu coñecer a unha persoa, que con todas as súas contradicións, tomou o rol de profesor-guía que, á vez, imbuía dunha cultura sen fronteiras. 

21/5/15

Quen o ía dicir! Carballeira formando parte dun xurado para elixir “miss modista” pero así foi. Foi nos mes de febreiro de 1930 nunha “Festa-homenaxe ás modistas viguesas” que organizaba a Sociedade “El Recreo” da cidade olívica,
A lista de persoeiros que formaban o xurado clasificador que fallou no concurso da modista estaba formado por:
Primitivo Coca, presidente do comité organizador ao que acompañaban escritores como Manuel Lustres Rivas (Redactor de “Faro de Vigo”) e Juan Carballeira (de “El Pueblo Gallego”). O debuxante marinense, Manuel Torres. Os pintores Carlos Sobrino Buhigas (de Pontevedra) e  Maximiliano Vidales Espinosa (de Vigo). O arquitecto vigués Manuel Gómez Román. 

14/5/15

 Ás dificultades e penurias posteriores á Guerra Civil Española engadíuselle unha prolongada seca, a do 1949,  que fixo que a fame cebárase aínda máis na nosa contorna. Coma consecuencia directa desta seca temos a “sublevación” ocorrida na mañá do 2 de xullo dese ano “capitaneada” polo cura de Coiro e Juan C... L... que acudiron cuns 150 veciños máis (Manuel M..., José O..., Antonio C..., Ignacio L..., Ángel L..., Ángel M..., Antonio M..., José G..., José S..., Ramón Q..., …) ata Ermelo. Foron con sachos, legóns, fouciñas,… e chegados aos lagos de Compra, Fontanciña e Esperón destruíronos e así, coas augas “soltas” regaron as súas veigas de Coiro. Desta actuación queixábase o alcalde de barrio de Ermelo pois os seus veciños “non poderían estancar a auga como viñan facendo dende tempos moi afastados”. E no posterior escrito de denuncia dos feitos ao Gobernador Civil por parte do concello de Bueu o rematan dicindo “Esas augas, segundo rumores circulados pola referida Ermelo, son aproveitadas polo mencionado Sr. Cura, quen dispón das sobrantes, vendéndoas aos seus conveciños”.

3/5/15

Ante o eminente perigo de derrube da antiga igrexa románica da parroquia de San Martiño de Bueu o concello reúnese para informar e concluír coa proposta de peche da mesma.
Transcrición da acta do Pleno do 28-3-1861
En la sala Capitular del Ayuntamiento de Bueu, a veintiocho de marzo de mil ochocientos sesenta y uno, reunidos en la misma bajo la presidencia del Sr. Alcalde Dn Ramón Plá principia la reunión pr la lectura de la anterior que fue aprobada y pr  la de los boletines y correspondencia oficial de la entonces recibida, de cuyo contenido quedaron enterados.
Visto a pesar de haberse solicitado del Sr Gobernador de la provincia de la presentación en este distrito del arquitecto de la capital para proceder a la demolición de las paredes de la Rectoral Iglesia de Bueu dejándolas a la altura que tienen sus puertas nada hasta ahora ha resuelto aqlla superior autorid como pr otra parte amenace el templo ruina temiéndose una catástrofe de día a día, y no puede tampoco sin la exposición de un gran riesgo practicaría la operación dha. en razón de que al verificarlo sería fácil se resintieren la bóvedas de la Iglesia a evitar la responsabilidad que sufre el Aymo para si descuidase toda clase de medidas reparadoras después de haber iniciado este asunto como de consecuencias fatales y haber también obtenido el competente permiso para cerrar el referido templo se acordó pr los Sres de la Corporación oficiar con el Párroco pr conducto del Sr Alcalde pr que sin pérdida de momento y bajo la responsabilidad y cargos que en su día puedan exigirse, proceda a cerrar las puertas de la citada Iglesia, sin perjuicio de que pueda tomar las disposiciones conducentes en orden al culto divino, siempre que no sean atentatorias a la vida del vecindario.
Con lo cual se levantaron los Sres de la Corporon y de todo ello yo Srio. Certifico”