28/12/14

Para quen non se lembre de Manuel Antonio Bares Giráldez (Bueu 1855-Mercedes 1945) dicirlle que era irmán de Matilde Bares e sobriño de Ramón Bares. Mestre de profesión que emigrou á Arxentina onde fixo fortuna e xogou un papel importante como banqueiro, empresario, xornalista e escritor.
O xornal El Correo de Galicia do domingo 15-12-1929 na súa páxina 14 da a noticia, “logo de larga estancia na capital arxentina, chegou a Bueu coa súa distinguida familia, o ilustre polígrafo e escritor, doutor D. Manuel Bares Giraldez”.
Non era a primeira vez que Manuel A. Bares e a súa “distinguida familia” viñeran de vacacións a Europa xa o fixera en agosto de 1912 e ata estivera en Bueu con Miguel de Unamuno, da man do amigo común, Víctor Said Armesto.

Mais esta vez chámame a atención algo tan banal e insólito como mercar un coche, o digo polas circunstancias da súa visita tanto temporais como afectivas. Efectivamente, Manuel A. Bares matriculou en Madrid no mes de maio de 1930 un coche marca Chysler que tiña a matrícula “37962” domiciliado na rúa Espronceda.
 
Faltan un minutos para rematar o día dos Santos Inocentes o digo para aseverarlles que todos os datos expostos son certos…  

21/12/14


Navidades craras na illa de Ons!
Que a luz eléctrica non é algo que estea permanentemente presente nas noites da illa de Ons é algo que todo mundo o sabe. Que as noites sen luz ao longo de meses tamén o coñecen os insulares de Ons. Que a veces os políticos crearon ilusións que o tempo ou o “temporal” desbarataron ou simplemente deixaron no esquecemento… tamén o coñecen.
Unha desas veces na que por fín na illa comezaban a ver que se facía algo de “luz” e non meras promesas foi cando o 9 de decembro de 1958 achegáronse ata Ons, para preparar o transporte dun grupo electróxeno, Pedro Ruibal Sabio Inxeñeiro-xefe da Delegación de Industria, o Perito Industrial Teodoro Gradín, con dous oficiais montadores e Diego Pazó, con personal dos seus talleres.
A súa inauguración ía ser fixada para o “día solemne da Noiteboa” e así lograr “a altamente social e cristiá iniciativa de electrificar Ons”. Mais “ao tratar seguidamente do embarque da maquinaria e materiais atopámonos con que, non só o temporal de auga e mar impedían toda comunicación marítima coa illa, senón que os dous montadores alí desprazados quedaron nela aillados” e xa era o día 21 e aínda seguía o porto pechado,  polo que decidiron montalas nun local de Pontevedra “ para que se poñan en marcha como se estiveran funcionando na illa e sexan bendecidas nun acto que terá lugar o día 24”.
Características do grupo electróxeno:
·        Un motor a gasoil de 40 cabalos
·        Un alternador de 2º KVA (preto de 30 cabalos)
·        Un transformador de 3º KVA
·        Un baño de aceite illante (para elevar a tensión da rede e protexer o alternador)
·        Dous cadros de mandos (para alternador e rede de distribución)
·        2.500 m. de liñas xerais (fora posta dende setembro)
·        Todo tivo un presuposto de 450.000 ptas.

14/12/14


En maio-xuño de 1938 estiveron requisadas todas a máquinas de coser do concello de Bueu coa intención de que durante os días 27 de maio ao 9 de xuño se confeccionaran prendas de vestir para o Exercito nos Talleres que Falanxe Española Tradicionalista e das J.O.N.S tiña habilitados para elo.
Un exconcelleiro negouse a facer entrega da súa máquina de coser polo que foi denunciado, polo Xefe Local de Falanxe, ante o alcalde que o cominou a entregala e de non facelo sería acusado de “falta de cooperación á Causa Nacional” o que levaría consigo penas moi graves. 

04/12/14



Nun futuro próximo aparecerá na web "Documentación de Bueu" unha pestana onde fale ou poña cara aos alcaldes do concello de Bueu.
Pero o que agora quero comentar ten que ver co Concello de Cela. Si lestes ben, Concello de Santa María de Cela que de “facto” constituíuse o 5 de outubro do 1812. Os seus inicios foron bastante dificultosos para os representantes do mesmo que foron cominados a disolverse, cousa á que non accederon e lles supuxo ser arrestados, polo tenente Xeral Marqués de Campo Sagrado, e conducidos a Santiago. Foron liberados uns días máis tarde tras facerlles pagar as costas e unha multa. O concello puido quedar constituído, pese as presións recibidas, por cumprir a Lei Constitucional de posuír máis de 1.000 habitantes e Cela contaba no 1813 cun censo de 1.630 habitantes.
Pouco máis coñeceríamos dese concello de non ser polo celo dos entón fundadores e directivos[1], da Asociación Danzadeira de Bueu que, rescataron dun contedor de lixo papeis “vellos” e que ao lelos quedaron co que lle pareceu relevante.  Un destes é  “Unha nota dos papeis que entregou o Alcalde e Secretario Constitucional suprimido da Parroquia de Cela” ao xuíz ordinario da Vila de Cangas cando deixou de ser concello Cela en 1824.
A transcrición do papel feita por un dos mesmos “rescatadores” é:

Nota de los papeles que entregó el Alcalde y Secretario Constitucional suprimido de la Parroquia de Cela
a saber
Un Legajo en que se comprenden las órdenes recibidas por aquel Ayuntamiento en el año pasado de mil ochocientos y veinte, compuesto de ciento cincuenta y una hojas útiles…………………………………………………………………………
Otro Legajo en que se comprenden las órdenes recibidas por dicho Ayuntamiento en el año de mil ochocientos y veinte y uno compuesto de ciento setenta y tres hojas útiles…...........................
Otro Legajo en que se comprenden las órdenes recibidas en el año de mil ochocientos y veinte y dos compuesto de doscientas cuarenta y nueve hojas………………………………............................
Otro de dichos Legajo de órdenes recibidas en el año pasado de mil ochocientos y veinte y tres compuesto de treinta y tres hojas útiles…………………………………………...
Otro Legajo en que se comprenden los oficios recibidos por dichos Ayuntamientos suprimidos durante los cuatro años de su ejercicio compuesto de ciento cuarenta y siete de dichos oficios……………………………………………
Más cuarenta edictos en otro Legajo que habían recibido para fijar al Público…………...........
Un mazo en que se comprenden las Actas de renovación de Ayuntamiento compuesto de ocho hojas…………………………………………….
Otro en que se comprenden diez y siete conciliaciones que habían Acusado en dichos cuatro años…………………………………………………........
Más Cinco Autos de Acuerdo de dichos Ayuntamientos suprimidos………………………...............
Un ejemplar de la Instrucción para el reemplazo del ejercicio dispuesto por la Diputación Provincial de Galicia………………………………….............................
Entregados los Papeles en los mazos que comprende el Inventario de Arriba por Domingo del Río, Alcalde suprimido de la Parroquia de Cela, en el año pasado de mil ochocientos veinte y tres acompañado de Antonio Morales, Secretario que era de aquel Ayuntamiento Abolido, en la villa de Cangas a once de septiembre de nil ochocientos veinte y cuatro, y lo firman conmigo=

Domingo del río                                             Antonio Morales,,
firmado y rubricado                                      firmado y rubricado

como juez Rlordinario
Ramirez de Sn. Vicente
firmado y rubricado


[1] Belarmino Barreiro, José Carlos Durán, Manuel Verde e José Verde.