23/08/14

Agora que as xentes do noso país están afeitas a ver nos medios de comunicación todo tipo de “asaltos” aos cartos públicos cometidos por algúns políticos ou tramados estremeiros coa política podemos pensar que é algo puntual no tempo. Se nos informamos ben darémonos conta que é algo de todas as épocas e non por iso menos desprezábel.
Reflexións semellantes a esta me fan lembrar unhas “acusacións” sobre o intento de adquisición directa da illa de Ons por parte do Estado ...,
... que xa dende finais dos anos vinte do século pasado comézase unha campaña, nos medios de comunicación e círculos políticos, de socialización e busca de alternativas á Illa de Ons apoiada, entre outros, por amigos e influencias da familia Riobó, propietaria da mesma[1].
Todo foi encaixando ata que no outubro do 1935 o goberno do estado decidiu, en Consello de Ministros e a propósta do ministro de Traballo e Xustiza, decretar a creación dunha casa para vagos e malfeitores en Alcalá de Henares e un campamento agrícola coa mesma finalidade na Illa de Ons.
Días despois de saír o Decreto aparecen nos xornais “El País” de Pontevedra e logo nos “La Libertad” de Madrid e “El Pueblo Gallego” a noticia do “Raro asunto da venda da Illa de Ons”, “amaños” ou “affaires”… Ata aparece o nome dalgún político implicado.



O mesmo xornal orixe da noticia do "asunto",  "El Pais" publica ao mes seguinte, 2-11-1935 na primeira páxina informando que feito averiguacións, e sen pretender perxudicar ao propietario de Ons, rectifica e di que ó valor dado de 250.000 pesetas “non se axustan exactamente á verdade” dado que habería que engadirlle unha grande cantidade polas "opercións financieiras" da venda que farían “elevar a cifra total a medio millón de pesetas en números redondos”. 
A raíz deste “escándalo” o Consello de Ministros do 6-2-1936 recúa anulando o Decreto 23/10/1935 relativo á adquisición directa da illa de Ons para a instalación da dita colonia agrícola penitenciaria de vagos e malfeitores.


Nota: Dado que a información oral recollida ao longo dos anos é contraditoria, a documentación oficial pouco aclaratoria e a cascada lutuosa dos acontecementos no panorama nacional, e en particular da illa de Ons, en momentos posteriores á anulación do decreto citado  fai que non me decante abertamente por darlle algún dos cualificativos dos que se din nesta entrada. 
Pero, ao igual que cando se fala “que ninguén cre nas bruxas, pero haber...



[1] Cambeiro (novembro de 1928), Carballeira (“El problema social de la Isla de Ons”-1932 e “400 colonos isleños quieren las tierras-1933 en “El Pueblo Gallego”;  “La primera y única finca que se va a expropiar” coa reforma Agraria en Galicia – “Estampa” 1932), Joaquín Pesqueira (en 1930), etc. Dicír que todos eles son alleos a complóts directos con posíbeis “pelotazos especulativos” máis ben escriben por amizade e razóns sociais. O que non é óbice para que outros se aproveiten...

09/08/14

Fai menos dun mes que vense de conmemorar o centenario do pasamento dun insigne polígrafo[1] o “noso paisano” Víctor Said Armesto (Pontevedra, 1871 - Madrid, 1914). Ao longo dos próximos meses celebraranse unha morea de actos: Simposios, conferencias, mesas redondas, etc.  co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra, Museo do Pobo Galego e Fundación Barrié. Todo elo para sacar do inxusto esquecemento a unha figura senlleira do pasado e presente intelectual da nosa cultura.
Xa no xaneiro de 1996 demos a coñecer nun monográfico da revista O Candil do Colexio Público de Bueu[2] unha biografía de Víctor Said na que quixemos rescatar do esquecemento e pór en valor o seu legado que entre outra “axudou a dar sentido á nosa cultura”.
A súa relación con Bueu é moi ampla por razóns familiares e de longas estancias no pazo do Casal de seus avós maternos. O resumo que del fai o xornalista J. Pesqueira o define moi ben: “... grande parte do prestixio que rodea o nome e memoria de Víctor Said Armesto, reflíctese en Bueu, na bela vila de Bueu, á que tanto quería o ilustre crítico...”[3]
Pero agora quero rescatar un poema escrito, no ano 1898, na Illa de Ons onde percíbense as brétemas e as “ánimas” insulares.
A media noche[4]
A través de la neblina
desciende pálida y lenta
la claridad mortecina
de la luna, que ilumina
la llanura soñolienta.
Por su resplandor bañadas
álzanse mudas y heladas
en torno del monasterio
las tumbas desmanteladas
del trágico cementerio.
Y en las lápidas desiertas
desamparadas y yertas
sin flores, palmas, ni luces
abren sus brazos las cruces
de las esperanzas muertas.
Brotando de la neblina
recorre lenta y callada
una aparición divina
la llanura desolada
que a su paso se ilumina.
Fugaz, indecisa y leve,
su imagen pálida y breve
recuerda esas sombras vanas
sin contornos ni relieve
de las memorias lejanas.
Y por los claustros dormidos
la blanca visión se interna,
sin que aviven sus gemidos
los ecos adormecidos
de la soledad eterna.
Donde ayer libres de abrojos
brotaban las ilusiones,
hoy solo encuentran sus ojos
los olvidados despojos
de las muertas emociones.
Y sin esperanza alguna
de la niebla entre el misterio
va deshojando una a una
¡las flores del cementerio
al resplandor de la luna!
VÍCTOR SAID ARMESTO
Isla de Ons -1898


Grazas, Víctor! Penso que de ”bo nacido é ser agradecido” e estou de acordo co que dicía Murguía de Said “sei ben o que valía e canto ó perdelo perdeu Galicia


[1] Escritor, crítico literario, orador, poeta, músico, investigador, … Primeiro Catedrático de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa, impulsor da Academia Galega, …
[3] Faro de Vigo do 16-11-1927 páx.1
[4] Aparece no Diario de Pontevedra no cabo de ano do seu falecemento.

02/08/14


O xornal católico de Pontevedra El Áncora de 1 de agosto de 1901, nas súas páxinas 2-3 hai un artigo titulado “Una manifestación en Bueu” no que fala do exemplo que deu a xente de Bueu pola procesión e bendición da imaxe da virxe do Perpetuo Socorro. Di que a invocación a esta virxe por parte do industrial-fomentador Francisco Ferrer[1] lle devolveu a vida xa que caira na obra de construcción da súa salgadeira polo que este e a súa familia doaron a imaxe.

Ás seis da tarde chega a Loureiro, á casa-salgadeira do doante, a cruz parroquial o clero de Bueu e Beluso e fregueses. A longa procesión ía encabezada polo estandarte branco e bordado en ouro, coa imaxe da Santísima Virxe do Socorro que portaba o médico de Bueu Pérez Lapido e recollendo as borlas os señores Riobó e Massó. A continuación sae a imaxe, xa bendecida, no cumio dunha pirámide de flores.Todo bordeado por dúas grandes filas con velas encendidas, as congregacións das Fillas de María, do sagrado Corazón...
Ao longo do traxecto as casas, expecialmente as da Praia, lucian estandartes e colgaduras. De todas elas destacaban as do Doctor Manuel Riobó polos “riquísimos tapices de terciopelo rocamados de ouro e de delicadas sedas”.
Tras dúas horas de procesión chega ao templo parroquial de san Martiño onde coroouse a “grande manifestación relixiosa coa improvisada exhortación, que de maneira marabillosa e con grande fogo e unión dirixiu ao fregueses o seu queridísimo párroco Sr. Martínez Casamande…”
Extenso artigo que asina “JAPON”


[1] Tiña a salgadeira na de Fazzina, en Loureiro, hoxe unha fila de apartamentos na praia.