21/02/14


Comezaba o ano 1901 e España tiña coma monarca Rexente a María Cristina de Habsburgo-Lorena e coma Presidente do Consello de Ministros ao conservador Marcelo Azcárraga. En Bueu o alcalde era Miguel Nogueira Fraguas e o xuíz de Paz o avogado Joaquín Pimentel dono do Pazo de Sta. Cruz. E como que a historia dos últimos séculos está salpicada de episodios máis ou menos virulentos na que a relixión está no epicentro da loita política polarizada, ao arredor destas datas, entre o conservadorismo[1] e liberalismo[2].
Calquera ocasión, calquera medio era aproveitado para a confrontación dialéctica e moito máis se estaban preto dunhas Eleccións Xerais como a que acabou co triunfo liberal de Sagasta (1901) e que en Bueu acendeu aos máis integristas[3] que arroupados baixo as ideas de Cándido Nocedal e a revista El Siglo Futuro fan públicas, neste último medio, as súas ideas máis “clericais” e conservadoras tal como podemos ler facendo bandeira como máxima do título do libro de Sardá “El Liberalismo es pecado”:


[1] Tendencia política ou ideolóxica que defende a orde social, as ideas, os valores e as institucións tradicionais (RAG)
[2] Conxunto de doutrinas ou ideas que tenden a asegurar a liberdade política e de conciencia fronte ao poder do Estado (RAG)
[3] Xa dende finais do reinado de Isabel II.

14/02/14

 Foi a pasada semana de violentos temporais e apunto estiveron de perecer un pobre mariñeiro e tres criaturas, fillas súas, coas que saíra á pesca nun bote pequeno.
Sen poder regresar a Bueu nin arribar á illa de Ons, mantivéronse no mar, próximos á illa, pasando ímprobos traballos, achicando o bote noite e día, loitando coas ondas durante tres días.
Ao amainar un pouco o temporal, foi o vapor dos Srs. Massó a buscalos, traendo o bote a remolque, e aos case náufragos a bordo do vapor.
O mariñeiro que correu estas aventuras, é o coñecido, por Nacidas

01/02/14

Todos os dicionarios que coñezo de xentilicios[1], onde aparece o do topónimo Bueu dan coma correcto o de bueuenses pero...
 ... hai anos que unha persoa preocupada pola cultura, veraneante primeiro e veciño noso despois, chamado D. Antonio Olea Casas me fixo partícipe ao través dun amigo común da súa inquedanza[2] e das consultas á Real Academia Española da Lingua e á Real Academia Galega como máximas autoridades lingüísticas. Da Real Academia Galega non tivo resposta, que eu saiba, pero si da Real Academia Española da que adxunto copia da misiva e da contestación:




[1] Exemplo: “Diccionario de Gentilicios y Topónimos” de Daniel Santano y León (Edit. Paraninfo 1981 páx. 59),  no “Gentilicios españoles de Tomás de la Torre Aparicio (Edit. Visión, 2006 na páx. 113) ou no Diccionario ideológico de la lengua española” de Julio Casares (Gustavo Gili, 1992)

[2] Ata esas datas nos meus escritos utilizaba indistintamente “bueneses” ou “bueuenses” pero con dúbidas e temor pola posible incorrección dun dos termos. Desde aquela alterno os xentilicios pero gústame un pouco máis o de "bueuense". Cada quen que elixa!