22/1/14



Hoxe, sen dúbida, a xerarquía eclesiástica da Dióceses de Santiago de Compostela mais cando nos primeiros días do mes de xaneiro de 1929 había que substituír a vacante do cura de San Martiño de Bueu, por falecemento do seu titular, D. Juan Martínez Casamande[1], plantexouse a quen lle correspondía nomealo. Esta vez lle tocaba a pronunciación á Coroa xa que o Padroato do curato de Bueu dividíase en tres termos, para a súa representación: Un do marqués de Castelar, outro do convento de Armenteira e o terceiro do convento de Poio. Mais a raíz de extinguirse estes privilexios, por parte dos devanditos mosteiros[2]. estes dous dereitos de representación pasaron á Coroa.
Esta noticia tamén é recollida en termos semellante polo xornal La Vanguardia do xoves 3 de xaneiro na súa páx. 12


[1] Morrera o 18 de novembro anterior aos 77 anos. Era natural de Sta Uxía de Ribeira. Na súa enfermidade e meses posteriores ao seu falecemento a parroquia era asistida polo cura D. Antonio Lojo Vidal. Ao longo de dous anos foron pasando curas, máis ou menos de forma provisional, ata que no decembro de 1930 xa temos ao lembrado por moitos D. Ángel Rama Lestón.
[2] Algún mosteiro xa desaparecido como comunidade, como o de Armenteira

11/1/14


- Os que máis anos estiveron de alcalde:

o    JOSÉ MARÍA MASSÓ GARCÍA, 32 anos, de 1939-1971
o    MANUEL FREIRE LINO, 12 anos, de 1983-1995
o    MIGUEL NOGUEIRA FRAGUAS, 10 anos (1894-95; 1897-1902; 1912-1914; 1920-1923)
- Alcaldes máis votados:
o   FÉLIX JUNCAL NOVAS (2011)         ….. 4.609 votos
o   TOMÁS BARREIRO SOTELO (1999) …. 3.522 votos
- Alcalde en varias lexislaturas/ocasións:
o   Máis de oito:
§  JOSÉ MARÍA MASSÓ GARCÍA (1939-1971)
o   En cinco:
§  MANUEL GONZÁLEZ PLÁ (1837-1839;1863-1865; 1867-1868; 1873-1877; 1887-1890) 
o    En catro:
§  MIGUEL NOGUEIRA FRAGUAS (1894-1895; 1897-1902; 1912-1914; 1920-1923)
§  FÉLIX JUNCAL NOVAS (2003-2004; 2007- 2011; 2011-2015; 2015-)
o    En tres:
§  JOSÉ RODRÍGUEZ ESTÉVEZ (1891-1894; 190-1906; 1914-1918)
§  MANUEL FREIRE LINO (1983-1987; 1987-1991; 1991-1995)
o    En dúas:
§  SALVADOR MARTY (1838-1839; 1854-1856)
§  NARCISO GALUP VERGÉS (1843; 1877-1883)
§  RAMÓN PLÁ AVALLE (1854; 1861-62)
§  MANUEL ANTONIO BARES (1862-1863; 1868-1869)
§  LUÍS JESÚS PRIETO GARCÍA (1924-1925; 1931-1934)
§  CAMILO DAVILA DAVILA (1925-1930; 1936-1937)
§  RAMÓN DOMÍNGUEZ FERRADÁS (1931; 1934-1936)
§  XOSÉ NOVAS PIÑEIRO (1979-1983;  1995-1999)
- Primeiro alcalde de Bueu: JUAN FONTENLA SOTELO
- Primeiro alcalde da democracia: XOSÉ NOVAS PIÑEIRO (1979-1983)
- Primeira alcaldesa: ELENA ESTÉVEZ FREIRE (2004-2007)
- Alcaldes Deputados Provinciais:
o   RAMÓN DOMÍNGUEZ FERRADÁS foi Presidente da Deputación
o   JOSÉ Mª MASSÓ GARCÍA foi Deputado no 1949-63
o   MANUEL FREIRE LINO foi Deputado Provincial (1987-1991).
- Pai e fillo alcaldes:
o    PERFECTO GARCÍA NOGUEIRA (1931) e PERFECTO GARCÍA LEMOS (1937-1939)
- Bisavó (2º avó) e bisneto alcaldes:
o    ALONSO ANTONIO AVILA Y LA CUEVA GUTIERREZ (1840-1843) de JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHÁN CARBALLEIRA)  (1936)
- Tío e sobriño alcaldes:
o   AGUSTÍN PLÁ AVALLE (1856-1859) e RAMÓN PLÁ AVALLE (1854; 1861-62) eran tíos de  MANUEL GONZÁLEZ PLÁ (1837-1839;1863-1865; 1867-1868; 1873-1877; 1887-1890) 
o   JOSÉ MASSÓ FERRER (1890-91) tío de JOSÉ Mª MASSÓ GARCÍA (1939-1971)
o    MIGUEL NOGUEIRA FRAGUAS (1894-1895; 1897-1902; 1912-1914; 1920-1923)  tío de PERFECTO GARCÍA NOGUEIRA (1931) e  tío segundo de PERFECTO GARCÍA LEMOS (1937-1939)
- Irmáns alcaldes:
o    AGUSTÍN PLÁ AVALLE (1856-1859) e RAMÓN PLÁ AVALLE (1854; 1861-62).
o    AGUSTÍN GARCÍA PARADA (1910-1912) e JOSÉ GARCÍA PARADA (1918-1920)
- Eran curmáns:
o   FRANCISCO DOMÍNGUEZ CABANILLAS (1930-1931) e RAMÓN DOMÍNGUEZ FERRADÁS (1934-1936).
 (Non se trataban pero respectábanse moito. Anécdota: Na boda de Francisco todo o viño era das bodegas de Ramón (de Cela) pero este non asistiu a ela.

1/1/14

Non serei quen de facer “patria” e adxudicar procedencia bueuense a Miguel Miró, Macías,… e agora ao maior poeta da lingua portuguesa, nada menos que a Luís Vaz de Camões (1524-1580) pero…
Frei Martín Sarmiento di[1] que ”Manuel Faria e Sousa, no comentario das Lusíadas, fai ao Camoens galego e descendente de Vasco Pérez Camoens, cabaleiro da familia dos Camaños[2], señores da casa de Rubiáns. Faria di que Vasco Pérez Camoens pasou a Portugal[3] no ano de 1370 a servir ao rei don Fernando, e que alí herdou grandemente, e que o tal Vasco foi ascendente do famoso poeta Luís Camoens…”
“…Cando Vasco Pérez Camoens saliu de Galicia, só chamábase Camoens, o que se proba cunha sinatura que lín no Arquivo de Poio, paseo de Pontevedra, que di así o ano 1270, cen anos antes que Vasco Pérez salise de Galicia: ‘Ego Ferdinandus Ruderici de Camoens, filius quondam Ruderici Petri, eiusdem, et Urrace Laurentii de Bueu et de Pedrozo’ (‘Eu Fernando Ruy de Camoes, fillo de Ruy Pedro, del mesmo e de Urraca Lorenzo de Bueu e de Pedrozo”).

1] Recollido por Henrique Monteagudo en “De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos” Vol. IV de Martín Sarmiento. Santiago, Consello de Cultura Galega, 2008.

[2] Sarmiento noutro parágrafo (4958) da Obra de 600 pliegos, anteriormente citada: “A voz Camoens formouse así. Na freguesía de San Xoán de Camaño (onde estiven) cara Corubedo, en Galicia, houbo unha abadía, do tal abade lin unha sinatura: “Abbas Camanensis”. Aínda que no “Onomástica galega II : onimia e onomástica prerromana e a situación lingüística do noroeste peninsular : actas do segundo coloquio”, Leipzig, 17 3 18 de outubro de 2008 hai un artigo titulado “Toponímia prelatina na documentación medieval en Galicia” : ‘ … O mesmo sufixo (-ONES) pare estar na orixe do topónimo rexistrado como Camones, Camões, Camoes na documentación medieval en galego, nome dunha parroquia do concello de Nigrán (Pontevedra), de onde procede o apelidod célebre poeta portugués’. E encanto a orixe do apelido, ‘…impiden aceptar a opinión que emparentaba este topónimo e apelido con outros topónimos e apelidos galegos como Caamaño/Camaño ou  Camouco’(FILGUEIRA, 1993: 35-36)


[3] Estos e outros cabaleiros, como xa dixen, pasaron de Galicia a Portugal por non querer obedecer a Enrique II, asasinado xa D. Pedro (I O Cruel)…”