24/2/13

Que nos primeiros séculos da era cristiá a actividade industrial, sobre todo romana, era relevante na parte norte da praia de Bueu está cada vez máis evidenciada polos miles de grandes e pequenos achados nas puntuais “actuación de urxencia"[1] ordenadas por quenes tiñan que velar polo noso patrimonio. Pero isto será a letra doutra canción…
Foto: Fibela de Bueu. Museo Pontevedra
O que quero poñer en valor para que coñezades e esteades orgullosos do voso é que en Bueu tense atopado unha das poucas fibelas[2] de ouro previsigóticas.  Ou como dicía no Anuario de prehistoria madrileña de 1933-35 o profesor Hans Zeiss da Universidade de Munich  ao recoller coma relevante o “tipo característico das sepulturas dos primeiros invasores (“previsigodos”) da península os achados de pequenas fibelas de ouro coma as de Beja (Portugal),  de Bueu (Pontevedra), Instituto de Valencia de Don Juan e outras de localidades descoñecidas. A excepcionalidade das fibelas de ouro atopadas, cinco, falan da súa importancia.[3] (…) Nos enterramentos visigóticos da peninsula era costume poñer aos mortos útiles da vida diaria: vestidos, fíbulas, coitelos...  

 Outras referencias  da fibela de ouro atopada en Bueu:
Os datos do achado son moi parcos, pouco precisos e con erros, non todo imputábel á Sociedad Arqueológica de Pontevedra e si aos métodos utilizados nesa época. Filgueira Valverde/García Alén na “Carta Aqueológica” (1953:páx.195) din "Al construirse la fábrica de conservas de Barreras[4], se encontró una pequeña hebilla de oro, sin decoración. Con ella se hallaron tégulas romanas y apareció una construcción de "perpiaño" (sic), con nichos[5]. Se conserva en nuestro Museo [de Pontevedra] la hebilla, Cat. Núm. 2890".

En referencias posteriores como as de Álvaro Rodríguez Resino ou Pérez Rodríguez Aragón datan a fibela como do primeiro tercio do século V.  A parte de describila como “unha fibela aúrea de aro circular e agulla cónica, adelgazada e curvada no extremo, sobre o borde do aro. O seu diámetro é 2,7 cm. (…) A peza de Bueu pode asociarse coa presencia de vándalos ou alanos[6]”. Pero dado que a parte occidental da Gallaecia estivo ocupada polos suevos “a fibela circular de ouro con agulla habría que atribuila, por localización xeográfica” aos suevos”.


[1] “Mirame, colle o que poidas e deixame tranquilo”
[2] Broche antigo que se usaba para suxeitar as prendas de vestir.
[3] Pola súa importancia esta fibela foi cedida polo Museo de Pontevedra á exposición “Hispania Gothorum. San Ildefonso y el reino visigodo de Toledo” no Museo de Santa Cruz (Toledo) no 2007.
[4] A familia Barreras non tivo fábrica nesta zona de Bueu. O lugar do achado parece que foi ao construír (1921) Don Salvador Massó Ferrer e Julia Bolíbar Galup a casa “Silveiras” sita en Montero Ríos para as súas fillas Mercedes, casada con Julio Barreras, e Teresa, casada co arquitecto Jacobo Esténs Romero.
[5] Estas fíbelas case sempre se atopan en “enxovals funerarios”. Non se descarta pola descrición que houbera xunto ao asentamento romano un cemiterio suevo.
[6] Estes pobos xunto cos suevos forman parte dos grupos xermánicos que chegaron a Gallaecia a partires do ano 411. Os únicos que quedaron de forma estable ata o s. VI, logo incorporados ao reino visigótico de Toledo, foron os suevos.

15/2/13

Chegada a época do Entroido vemos que algunhas das letras das comparsas non gustan aos políticos cando os poñen a eles ou as súas políticas no punto de mira. É comprensíbel… pero non o é cando estes fan uso do seu poder para tratar de calar críticas e parodias, moitas veces transgresoras, que son a esencia do Entroido.  Esta actitude vémola no xornal El Progreso de Pontevedra no Entroido do 1933 na nota do Goberno Civil que dí:

COMPARSA ESCANDALOSA
A requerimento do alcalde de Bueu, a garda civil deste porto detivo aos veciños da parroquia de Cela, Agustín Loira Pastoriza, Manuel Cendón Cortizo, José Rodríguez Chapela, os cales formaban parte dunha comparsa titulada “Los Campesinos”, que cantaban coplas alusivas á política local.
Enterados diso dez comparsistas máis, solidarizáronse cos seus compañeiros, manifestando que desexaban correr a mesma sorte, polo cal motivo tamén fóron detidos.

Nota: O alcalde era Luis Jesús Prieto García. A letra e música da comparsa era de José Diz Paz ”Pepe Diz” e probablemente a letra pola que foron detidos era:
                                  
Vals
 De la justicia en esta Villa,
faltos estamos, siendo bien triste;
y caminamos a la deriva
 

sin darnos cuenta de lo que existe.
Es don  «Verzotas» inteligente
y «Alvarito» cuco rapaz;
los dos «aplican» la ley vigente

de «chupar» mucho sin trabajar.

Si una denuncia ven
en su jurisdicción
enjuician y preveen
la cuestión.


El formulario es
de esta redacción

que dice al revés la razón:

Considerando que don «Lucido»
tiene pesetas, que es lo mejor:
Considerando que ha prometido

cincuenta duros si es triunfador.

Considerando que don «Tancrédo»

nada ofreció y tiene razón...

Fallamos «justo» y «sin enredo»

contra «Tancredo» por... infracción.

Todo sigue igual;
vampiros existen
carentes de moral,

que «embisten».

La ley del embudo
si husmean «parné»
la aplican,seguro,
a cualquier...

 Para ler as demáis letras das comparsa podedes ver a páx. 36 da revista O Candil ou simplemente premer aquí.

 

9/2/13

Fai hoxe 100 anos El Adelanto describíanos o ENTROIDO EN BUEU tal como transcribo a continuación:

Ninguén sería capaz de asegurar, ni a apostar un céntimo se atrevería, que despois dun sábado turbulento completamente desabrido, frío, tristón, chuvioso, de pleno vendaval, de inverno cru, había de vir un domingo primaveral case de verán, claro, de luz refulxente, de sol, brindando ao pracer e á alegría, deíxándonos gozar un pouco que vai quedando destas festas de carnestolendas, que paulatinamente van languidecendo.
Los de antes
O domingo cedo vimos pasar a comparsa de Bueu chamada "Los de Antes", que (…) dirixíanse á casa do seu presidente honorario noso querido amigo D. Ventura García, a buscar a súa bandeira e saír a saudar autoridades e pobo (…)

Entresacamos algunhas estrofas das de máis ensulla:

En el nuevo presupuesto
los arbitrios municipales
está muy cara la tarifa
de las plazas y rodajes
que los pobres marineros
hoy tenemos que pagar
dos pesetas por barril
de raba para pescar.
Dicen que en este pueblo
se va hacer una alameda
a la orilla del mar
por el medio de la arena.
Hay un señor en el pueblo
que tiene interés verdad
que la comparsa no salga
a la calle en carnaval.
Déjese usted de esas cosas
no forme usted ilusiones
porque tiene en su cabeza
muchísimos gorriones
aquí estamos
Los de antes
muy cansados de pedir
un muelle para Bueu
sin poderlo conseguir
Marín ten obras de puerto
Sanxexo vaille igualando
Moaña e Cangas tamén
Bueu atrás vai quedando.

Pola tarde estivo esta comparsa no Liceo-Casino onde cantou todo o repertorio … Despois estivieron no Recreo Artístico, ...
Pola noite a comparsa dividiuse en dúas para asistir por mitade a os dous bailes que pola súa conta se celebran un en Pescadoira e outro na Graña, que estiveron moi concurridos e remataron arredor das dúas (…)
O luns saíu a comparsa para Marín nun vapor (…)
La Banda Española
Outra comparsa nobilísima foi a de "La Banda Española", organizada na veciña parroquia de Beluso… dirixidos polo noso estimado amigo D, Francisco Paz Ramos… e levando ao frente unha fermosa bandeira de seda, primorosamente pintada, regalo da súa belísima presidenta a simpática Srta. Marina Davila (…)

Como ten moita miga, damos a continuación algunhas estrofas das que cantaron:

Al extremo de una calle
la más central de esta villa
hay una hermosa columna
toda de hierro fundida
es tan fuerte y elegante
que más de cuatro infelices
contra ella muchas veces
se dejaron las narices.
Se hizo un famoso proyecto
para hacer una alameda
con deliciosos jardines
rodeados de palmeras.
Quiera Dios que se ralice
y no sea un sueño más
como las obras de puerto
que aun están por empezar.

Adelante las reformas
que el pueblo desea tanto
adelante todo aquello
que signifique adelanto
y adelante los que escriben
el periódico local
que adelantando se avanza
hacia la prosperidad.
 (…) E basta de Entroido ata outro ano, que este menos mal, o tempo sobre todo espléndido.

1/2/13

Moita xente de Bueu oíu falar de Federico Ribas. Uns poucos, cada vez menos, lémbranse da súa estancia en Bueu. Algúns amigos me falaban, con simpatía e sempre esbozando un sorriso un tanto pícaro, cando veu cunha amiga francesa chamada “Giorgina” á que inmortalizou como modelo na propaganda de Massó.
Persoa alegre e namorado deste pobo e de súas xentes. Coñecido coma publicista e debuxante. Todos os que temos certa idade nos lembramos da súa G de Gal ou mellor, e con máis agarimo, da M de Massó. Pero o que case ninguén sabía era que Federico Ribas foi Presidente Honorario da instituciónLos Unidos del Ayuntamiento de Bueue algunha vez ilustrou a portada do folleto, que co gallo das festas patronais de San Martiño, servía de invitación para a comida de confraternidade e lembranza do “terruño” alá pola terras arxentinas.
Portada con debuxo de Federico Ribas. F. Ribas Presidente honorario 1938