01/01/13

Dou fe: Benito de Arís foi "notario" en Meiro

José Benito Arís Limeses, de Pontevedra, casou a finais de agosto de 1810 con Benita Juncal Piñeiro que era unha dos 5 fillos do escribán bueuense Pascual de Juncal Riobó.
Vivíron na casa que hai de carón da fermosa fonte e lavadoiro da Lajarteira en Vilariño-Meiro onde comezou a exercer de escribán[1] (eu diría de zurupeto[2]) coa protección do seu sogro Pascual. Un lustro máis tarde presentouse unha "Solicitude de José Benito Aris, veciño da freguesía de San Martín de Bueu (Pontevedra), sobre que se lle expida Notaría de Reinos a título de fiat, con residencia na vila de Cangas (Pontevedra)" (tal como podemos ver no Arquivo Histórico Nacional, dentro da unidade  Escribanía de cámara de Carranza, no Consejo de Castilla. Sinatura ou Código de referencia : CONSEJOS,32171,Exp.51)  
Dita solicitude foi resolta positivamente pois exerceu como notario oficial dende 1816 ata 1853.


Nota: Para ver relación de escribáns de Bueu e Cangas, premer aquí.


[1] Tal como o define a Real Académia Galega: ”Empregado público que estaba antigamente encargado de escribir documentos legais e actas dos procesos xudiciais”. Sinónimo de copista, notario, secretario.
[2]  Intruso na profesión notarial.

Ningún comentario: