18/8/12

O feitos ocorreron a finais de agosto de hai 74 anos, en plena Guerra Civil.
Resumo do acontecido:
 - 25 de agosto de 1938:
Mariñeiros subindo
ao "José Luís Díez"
 Dous pequenos barcos de madeira, San Fausto e Con, propiedade de Fillos de J. Barreras e con tripulación maioritariamente morracense voltaban de pescar nas costas marroquinas. O vapor San Fausto patroneado polo bueuense Enrique Pereira Castro ía diante na navegación cando a fatalidade fixo que a case 300 millas de Cadiz, a onde se dirixían, atopáranse no seu rumbo co destructor republicano “José Luís Díez” que estaba a repostar do barco nodriza “Saturno” ao sur de Casabranca. O patrón do "San Fausto", para evitar problemas e estar en zona controlada polos franquistas izou a bandeira bicolor.  O destructor nese momento camuflado con bandeira inglesa e ver os barcos coa dita bandeira e sospeitando que eran barcos de pesca armados polos "sublevados" iniciaron manobras de ataque para o cal arriaron a bandeira inglesa e izaron a tricolor. Ao pouco percatáronse de que en realidade eran sinples pescadores máis decidiron facelos subir ao destructor para evitar que os descobrisen ó chegar a porto, e afundiron as dúas embarcacións, non sen antes coller peixe destas.
Os 24 mariñeiros foron recluídos no sollado (piso ou cuberta inferior onde soe instalarse aloxamentos e pañois) de fogoneiros.

- 26/27 de agosto de 1938:
Logo o “José Luís Díez” pon rumbo ao estreito de Xibraltar coa intención de pasalo cara a zona republicana eludindo aos barcos leales a Franco que o vixiaban. 
Foi atacado na noite do 26 ao 27  e nesta loita un canonazo do cruceiro “Canarias” alcanza ao “José Luís Díez” xusto no sollado onde se atopaban os mariñeiros galegos. Cun forte escoramento de proa consegue chegar a Xibraltar onde se percatan dos danos ao buque e das mortes e desaparición dos cadáveres dos pescadores así como do seu garda, e dun mariñeiro do destructor enfermo...

Este relato escoiteino na mañá de onte ao través da palabra, mesturada con moitos sentimentos, de Gaspar Enrique Santos Pereira neto do patrón do  “San Fausto”. Como póde verse no listado dos mariñeiros que ían nos pesqueiros capturados hai 4 de Bueu: O mencionado Enrique Pereira, Benito Pérez Leal (do Outeiro), José Pérez Sobreira e Manuel Leal  Cerviño (da Graña).

Para máis información: Sobre o “José Luís Díez escribiuse, alomenos, un libro titulado “La odisea del José Luis Diez” (1968) de Manuel Martínez Pastor. Do que lle pasou aos mariñeiros galegos ese fatídico día 27 de agosto de 1938 pódese atopar información no suplemento dominical do xornal “La Opinión” de A Coruña (13-02-2011) asinado por Otero Ricart ; na páxina: "El mar, que gran tema para hablar"  e noutros foros de internet.
Como novidade dicír que acaba de aparecer unha novela de Pedro Castilla Madriñán titulado Soltando amarras onde, ademáis destes feitos novelados, tamén aparecen as vivencias doutras xentes do mar e dos galegos en "El Moro","Terranova", "Gran Sol"... A presentación deste libro faráse o vindeiro día 14 de setembro en Cádiz. Esperamos que tamén poida facerse en Bueu…
Programa de actos da presentación do libro o día 14 de setembro en Cádiz

Video que fala do destructor "José Luís Díez"
Nota: Moita da información non sería esclarecida e posta en valor senón fora polo empuxe, aportacións e bo facer de persoas coma Gaspar Enrique Santos Pereira, José Regueira, Pedro Castilla e as aportacións de familiares dos distintos barcos implicados no acontecido neses días de agosto de 1938 en augas do Estreito.

11/8/12

Fai 100 anos que tal día coma hoxe nacía en Bueu o xornal EL ADELANTO, que se definía coma "Periódico quincenal independiente".
Dirixido por Ricardo Portela Pazos co seguinte equipo de redacción: Claudiano García Santaclara, Cesáreo Ferradas Dominguez, Rogelio Val, Jesús Domínguez, Luís Bolíbar, Ignacio Lis, Amancio de la Cueva, José García e  Ventura García.
A súa información era específicamente local e política. Consérvanse os 34 primeiros números (ata ó 16 de novembro de 1913) de catro páxinas cada un, estando a última adicada á publicidade local.

NOTA: Para acceder a todos os número do xornal premer premer aquí ou ver na web: Bueu Documentación na pestana Xornais.
O único tomo coñecido, con todos os exemplares, logo dun tempo “desaparecido” foi recuperado e posto en custodia na Biblioteca Municipal de Bueu grazas ao bo facer de “Pin Cabanillas” e á desaparecida Asociación Amigos da Biblioteca. E seguimos a lamentar que o mesmo rescate non puidera ser posible, ata agora,  co tomo dos xornais de La Voz de Bueu.
A continuación transcribo o editorial de presentación que se pode ler no Primeiro número de El Adelanto:

Al público
Nuestra presentación y saludo
 Al fundar este periódico guía a sus inspiradores una idea del bien; idea generosa de corazones grandes y altruistas, que ven el mundo, como debe verse hoy, con respeto para todos, blancos y colorados en orden a las ideas, pero que no es obstáculo ni puede serlo, á la defensa de los intereses comunes: nuestro objeto es laborar en bien de todos, hacer obra fertil de trabajo constante, mirando siempre al porvenir, procurando sacudir la modorra de los dormidos, estimulando á unos y á otros en pró del bien general.
Sabido es que la prensa es órgano poderoso de opinión; donde existe un periódico, por modesto que él sea, no llean á consumarse atentados que lo mismo puede perjudicar moral que materialmente; hay cierto respeto, y todos tienen como un saludable temor al escándalo y ludibrio público.
Resulta pues, que es el periódico un heno para los que se envalentonan, á modo de válvula de seguridad, para los que tratan de hacer mangas y capirotes de la cosa pública, sin respeto y sin temor, extaviando la opinión, falseando la verdad, burlando la justicia.
Nuestro programa está condensado en una sola palabra, que es el título del periódico; nuestra bandera es el progreso, nuestras ideas de paz y de concordia.
En nuestras columnas recibirán hospitalidad todos los que de buena fé á ellas acudan y quieran contribuir á toda obra de educación y cultura. Admitiremos todo lo que á nuestro juicio lo merezca, sin merma para la decencia y el pudor á la que rendiremos culto y es, á nuestro entender, la piedra angular del edificio social. No tocaremos para nada el sagrado del hogar, el santuario de la conciencia agena.
Defenderemos con entusiasmo de enamorados todo lo que á Bueu afecte, todo lo que á nuestra Galicia toque, todo lo que á nuestra España se refiera.
Fustigaremos sin piedad á sus infames detractores, porque es preciso decir muy alto, y sostener muy fuerte, que somos gallegos y que esta tierra (que nosotros llamamos de bendición) y la cultura de sus hijos, nada tiene que envidiar á ninguna otra.
Para terminar, dirigimos respetuoso saludo al honorable gallego y distinguido hombre público Excelentísimo Sr. D. Eugenio Montero Rios, al insustituible diputado por el distrito Sr. Vincenti y al jefe indiscutible de la policia local y Presidente de la Diputación D. Antonio Pazos, ilustre trinidad de la que tanto espera Bueu para su felicidad. Saludamos también á las autoridades locales y á la prensa regional, no pudiendo dedicar un sentido recuerdo á La Voz de Bueu, último periódico local que también dejó sentado el pabellón, al dejar de existir.
Saludo cordial al pueblo soberano, que así como esperamos buena acogida, procuraremos hacernos dignos de su aprecio, ya que para nosotros, demócratas de siempre, no existe otro mandatario más que él.
LA REDACCIÓN.

2/8/12

Pavillón español en Londres 1883
Se alguén está no cumio bueuense do palmarés das medallas é a Fábrica de Massó de Bueu que acadou, entre outras:
·        Primeiro Premio na Exposición Internacional de Pesca que fora inagurada o 12 de maio de 1883 en Londres.
     Expositor español: 63 m de longo por 9 m de anchura. A exposición pola noite estaba alumeada por lámpadas de arco voltaico e luz incandescente. A delegación española con 9 lámpadas de arco voltaico.

Exposición de Amberes 1885

  • · Na “Exposición Universal de Amberes” celebrada no ano 1885 consegue unha medalla de Ouro.
  • ·     Na “Exposición Internacional de Toulouse” do ano 1887 obtén unha medalla de Ouro.
  • Na “Exposición Internacional de Barcelona” do ano 1888 obtén unha medalla de Ouro.
  • ·     E na “Exposición Universal de París” de 1889 unha medalla de Bronce. Nesta exposición ían asociados como Massó-Domingo Dargentón e Cía. Participaron na Clase 70: “Conservas alimenticias”.



1/8/12

Na “Exposición Xeral de Agricultura” celebrada en Madrid no ano 1857 o bueuense JOSÉ REGUEIRA consegue a medalla de Bronce na modalidade de “Liños, cánabos, algodón, esparto e pita” Presentouse con “liño rastrillado” de Bueu. Quen dicía que non tiñamos liño? Habíao e do mellorciño de todo o estado…
Máis aí non quedou a nosa representación no palmarés xa que AGUSTÍN PLÁ AVALLE, da praia de Beluso, presentouse con centeo, con feixón canelillos grandes e con millo co que acadou unha Mención Honorífica.
Con estes dous gañadores tamén expuxeron os conveciños Benito Pastoriza con “patata colorada” e Benito Fazanes con “feixóns aplastados”.

Haberá quen pense que este ano foi un “foguete nunha festa”. Pois non! Coma exemplo ver que dez anos despois deste evento o mesmo Agustín Plá Aballe, fillo dos importantes salgadeiros da praia de Beluso Rosa Mª Aballe e Pedro Plá presentouse, nada menos, que na “Exposición Universal dos Productos Agrícolas e Industriai” celebrada en Paris o 1-5-1867.
Participou no capítulo de “Legumes e froitas” co número de expositor 154 presentou para a súa venda “feixóns” a un prezo de 0,140 escudos o quilo1.

Como podemos comprobar todo un "canto" á agricultura competitiva e de calidade dun concello con boas terras, auga e saber facer dos nosos maiores… Pero nestes tempos de “alegrías” e “abundancia” vense, con tristura, hortas e campos ermos ou a monte… Como para pensalo!


Nota: as moedas de ½  céntimo escudo acuñáronse no reinado de Isabel II (1833-1868). E nese ano e 1868 eran de cobre, e as do 1869-70 eran de 5 gr. de prata.