18/7/12

… na lingua

… O idioma Quiché pertence á familia das linguas maienses. Na actualidade é a segunda lingua de Guatemala, despois do español,  e ten máis dun millón de quiché falantes aos que hai que engadir os máis de medio millar do sureste de México onde tamén ten unha reducida presenza…
Pois nesa lingua k'iche' (como eles din) coñecen B u e  U
E tal como recolle Domingo de Basseta do Instituto de Investigacións Filolóxicas (Centro de Estudos Maias) da Universidade Nacional Autónoma de México:
B u e  U. luEu:  drobrar ; e luEu é, propie, “arquear un pau”; bueuche: pau arqueado”; e de aí sae bueuquih: armar ou arquear paus para coller veados”.


… na pedra
A primeiros de outubro do 2010 aparareceu no Faro de Vigo a noticia na que o buenense Benito Vilas daba conta, tamén gráfica, dun petróglifo da localidade sueca de Norrköping. El mesmo o describe: "Parei nesta cidade para ver os seus  petróglifos e, para a miña sorpresa, nunha das laxes, que recibía o nome de Himmelstalund, atopeime coa figuración esquemática onde é posible ler claramente Bueu". Sacou a fotografía que pode verse aquí para "poder mostrar como nesa época xa quedaba o nome de Bueu escrito para a posterioridade nunha rocha".

A partires de aquí pódese conxecturar se o dito ten algo que ver con que o bueuense Jorge Santos puidera estudar e logo publicar sobre a civilización Maia… Se o aportado por Benito Vilas da pé a teorías sobre  “os viquingos… e a toponimia…” .
Eu só o fago constar…“…tu wolol puk’sik’al
(“…con  toda cordialidade”  en maia yucateco, segundo o experto Jorge Santos)


5/7/12

“Principia en la piedra fendida que está en la Ribera de Agrelo que es un peñasco que cuando la mar está plena le arrodea, y tiene una Cruz en su Centro; y en el Costado del Sur una letra inicial B. que demarca la división de la parroquia de Bueu; y en el costado del Norte otra letra inicial C. que dice Cela; y desde este peñasco va derecho deslindando con dicha Parroquia de Bueu hasta llegar a otro peñasco que desu nacimiento se halla colocado en la parte superior del circundado de Dominga da Costa…”

E remata dicindo…
“…linea recta a la piedra hendida que está en el arenal en la playa nombrada de Agrelo, cuyo peñascal cuando la mar está llena está rodeado de agua, y en la parte superior del mismo hay una Cruz y dos letras iniciale B C. que significan la división de las dos parroquias de Cela y de Bueu.
Todo lo que fue hecho con arreglo al antiguo divisorio civil.”
Nota: Hai anos que dende Asociacións coma Danzadeira, Xunta De Montes Veciñais de Cela, Arquiveiro municipal, etc… asesoraban ao concello de Bueu nos litixios administrativos sobre os deslindes, sobre todo,  do Concello de Bueu con Marín.  Para iso manexaban todo tipo de documentación… como a dos deslindes de parroquias …

Como estamos na tempada do verán e moitas persoas pasan pola praia de Agrelo retomei un deses documentos (Libro de Estatisticas) para que cando pasen pola “Pedra fendida” coñezan algo máis da nosa contorna. A montaxe fotográfica ten por finalidade servir de información visual da ubicación das letras e cruz e, sobre todo, para evitar accidentes pola dificultade da subida á pedra. De todos os xeitos dicir que a cruz e o B póden ollarse sen subir á pedra.