04/04/12

Bueu: O concello e a igrexa...

O Concello de Bueu quería que se lle concedese o dereito a “poñelo” cura de Bueu...

O Concello Constitucional de San Martín de Bueu presentou unha instacia ás autoridades competentes xa que quería que se lle concedese o dereito a presentar para a provisión de curato de dito pobo ao modo de cómo o facían os mosteiros de Poio e Armenteira…
Esta misiva tivo contestación por parte da SS Maxestade o Rei, o día 23-2-1822, denegandolle tal posibilidade.

Raxoi é asistido por Félix Juncal no 1757...

Como é lóxico non estou a falar do presidente do goberno nin do alcalde de Bueu senón que me refiro á visita pastoral que o 6 de decembro do 1757 fai á parroquia do San Martiño de Bueu o Arcebispo Bartolomé de Raxoi e Losada. Ese mesmo día, pola tarde estivo confirmando aos nen@s asistido por Félix Juncal e Cayetano Barcenilla.
 
O sacerdote Félix Juncal Pereiraoriundo, y vezino desta feligresia ordenado en el año de (1)748 por el Señor Obispo de Ycosia atitulo de unas Capellanias sitas en la Yglesia Parroquial de Sn. Lucar de Barrameda Arzobispado de Sevilla
Caietano de Barcenilla,Cura propio desta feligresia deSan Martin deBueu” (ou sexa, párroco)


1 comentario:

Manuel Macou dixo...

Que gustazo ver como medra a páxina. A ver se coincidimos por Bueu. Bicos e parabéns!