20/4/12

Hai moitos anos que persoas moi queridas, dende Arxentina, enviáronme un fermoso agasallo: restos dun folleto que a Sociedade Unidos de Bueu había editado en Bos Aires no 1938 para celebrar o XV Aniversario da súa fundación e para conmemorar as festas patronais de San Martiño.
Entre as súas páxinas aparece esta pequena recensión e fotografía do alcalde Johán Carballeira asasinado un ano antes.

4/4/12

O Concello de Bueu quería que se lle concedese o dereito a “poñelo” cura de Bueu...

O Concello Constitucional de San Martín de Bueu presentou unha instacia ás autoridades competentes xa que quería que se lle concedese o dereito a presentar para a provisión de curato de dito pobo ao modo de cómo o facían os mosteiros de Poio e Armenteira…
Esta misiva tivo contestación por parte da SS Maxestade o Rei, o día 23-2-1822, denegandolle tal posibilidade.

Raxoi é asistido por Félix Juncal no 1757...

Como é lóxico non estou a falar do presidente do goberno nin do alcalde de Bueu senón que me refiro á visita pastoral que o 6 de decembro do 1757 fai á parroquia do San Martiño de Bueu o Arcebispo Bartolomé de Raxoi e Losada. Ese mesmo día, pola tarde estivo confirmando aos nen@s asistido por Félix Juncal e Cayetano Barcenilla.
 
O sacerdote Félix Juncal Pereiraoriundo, y vezino desta feligresia ordenado en el año de (1)748 por el Señor Obispo de Ycosia atitulo de unas Capellanias sitas en la Yglesia Parroquial de Sn. Lucar de Barrameda Arzobispado de Sevilla
Caietano de Barcenilla,Cura propio desta feligresia deSan Martin deBueu” (ou sexa, párroco)


1/4/12

Comeza a Semana Santa 2012...
 Sen que serva de precedente e con toda a consideración que da a distancia no tempo quero lembrar ao cura párroco de Bueu, Cándido Masenlle, cando o día 1-7-1896 lle manda unha carta aos seus superiores en Santiago cunha lista dos veciños de San Martín de Bueu que ese ano (1896) non cumpliron co Precepto de comunión Pascual e como el mesmo nos diSignificándose además por sus alardes de impiedad”. Estes eran:
- Juan Freire y su mujer Manuela Riobó
- Manuel y Francisco Rúa Pazó
- Cipriano Torre (de Noya)
- Víctor Said Armesto (originario de Pontevedra)
- Ricardo Gómez (Secretario del juzgado y originario de Pontevedra)
- Francisco Fernández Agulla (herrero)
- Manuel Pablo González (pescador)
- Abelardo Gil Marti (fomentador)
Os citados anteriormente non foron a comulgar pero, entre os que foron el lla negou a varios  porconcubinarios públicos a José R…” . (que tamén cita cos seus nomes e apelidos na carta e que non cito pois non fixeron delo “alarde de impiedade” como diría o Sr. Cándido).