23/03/12


No Archivo Histórico Nacional, dentro da "Colección sellos en tinta" (1876)  coa sinatura: SIGIL-TINTA_PONTEVEDRA,15,N.5  correspóndese cunha carta do entón alcalde de Bueu D. Manuel González Plá xustificando os selos usados (cos barcos: bergantín e corbeta) por parte do concello que presidía.

Transcrición da carta:

"Los sellos anteriormente reproducidos son los que usaron el servivio del Ayuntamiento y Alcaldía de Bueu provincia de Pontevedra, vinieron y vienen constantemente usados desde la creación del  Municipio que data de más de corenta años. El Bergantin y Corbeta que ostentan flotantes en la mar fueron los emblemas que se creyeron simbolizaban mejor con este distrito como puerto maritimo.
Bueu Septiembre 22 de 1876
El Alcalde
Manuel Gonzalez Pla"

01/03/12


“Castigado” como coadxutor en BUEU por airear “chanchullos” do arcebispo...

Os Reis Magos do 1914 chegáronlle a D. José Gómez Martínez, cura da parroquia de San Jorge de A Coruña, en forma de “carbóns”: debería trasladarse o máis axiña posible coma coadxutor á parroquia de San Martiño de Bueu.
Este traslado non tería importancia algunha de non ser pola relevancia cultural e social deste personaxe e polos motivos do mesmo.
Imos tratar de aclarar estas e outras cuestións:
-         Por que se sinala a José Gómez Martínez como unha persoa relevante no eido social e cultural? Dicir que D. José, aparte de por ser cura, era moi coñecido coma director do periódico católico “Eco de Galicia” onde tamen asinaba artigos co pseudónimo ZENITRAM. E tal como recolle algunha prensa madrileña, como o Imparcial, “… e habíase feito estimar en todos os campos da política pola súa moita nobreza e simpatía persoales”.
-         Cal foi o motivo real do seu traslado “forzado” e “inesperado”? Tal como recoñece a prensa da época foi por culpa dun artigo aparecido no seu periódico “sobre unhas oposicións a unha praza de doutoral en Santiago, dando a entender que antes da misa do Espirito Santo, o Espírito santo fallara a favor dun parente do arcebispo de Santiago, Sr. Martín Herrera”.
-         Tivo impacto a súa marcha de A Coruña? Toda a clase política, económica, xudicial,… e moitísimas persoas non só acudiron a despedilo da Praza de María Pita senón que o acompañaron na súa viaxe ata Santiago (primeira etapa antes de chegar a Bueu). Días antes o Gobernador e o alcalde de A Coruña desprazáronse Santiago para “suplicarlle” ao cardenal que deixase sen efecto o traslado.
-         Por qué a Bueu e non a outro sitio? Por que así o poñían baixo a tutela do seu tío o abade de Bueu D. Juan Martínez Casamade para que o “atase curto” e estivera alonxado do xornal.
-         Coñecemos algo seu na súa estadía en Bueu? Referencias nun artigo de Carballeira (“Motivos: El San Martiño) e un artigo del en Faro de Vigo do 11-11-1925 (páx. 2) nas páxinas adicadas a Bueu polas súas festas patronais Pode lerse na páx. 14 de O Candil nº 3.