06/02/12

Mosteiro de Santiago de Ermelo

El antiguo Monasterio de Santiago de Ermelo:  estudio, documentación e índices
de  Romaní Martínez, Miguel; Otero Piñeyro Maseda, Pablo S.
Moitas son as persoas que ao longos destes anos me pregunta sobre Ermelo. Varios ata me dicían "Por que non escribes algo…" e, dende o 2005, lles respondía: "Xa está escrito e bastante ben documentado”… e lles regalaba o libro “El antiguo Monasterio de Santiago de Ermelo...” pero cando pasou da media ducia non me quedou máis remedio que darlles só a referencia do mesmo...
Agora, e para que sexan algúns máis os coñecedores do mesmo, poño a referencia no blog:  


Atrainte e pouco coñecido estudo monográfico sobre este mosteiro do noso concello. Interesante son a bibliografía utilizada e as fontes manuscritas e epigráficas que nos permiten verificar as aseveracións e hipóteses que aparecen ao longo do libro. A aproximación histórica das páx 62-68 son un resumo atractivo.
A colección Diplomática de documentos mostrados, que se atopan en diversos arquivos (páx 81-99), son fermosas mostras do legado escrito deste mosteiro.
Tamén quixera pór en valor o rigoroso das transcricións feitas. 
De todo o atropeladamente dito deducirase, con certeza,  que considero que é o mellor e máis documentado estudo sobre o mosteiro de Ermelo.
Pero se ti estás interesada/o polo tema o mellor é ler o libro de xeito amodiño pois non é precisamente unha novela...


1 comentario:

Unknown dixo...

Un libro clave para a comprensión da época medieval no morrazo, moito máis axitada e con sucesos sorprendentes do que se pensa. A presenza física de Xelmírez no morrazo durante o enfrontamento coa nobreza do castelo de Ponte Sampaio e Darbo, a inscripción visigótica no ano da restauración deste mosteiro e a presenza do bispo na tradición oral do morrazo fainos ver unha especial vinculación entre Xelmírez e as nosas terras.
Quen queira visitar ou coñecer máis de Ermelo aquí o enlace a súa nova páxina web:
http://santiagodeermelo.org