6/2/12

El antiguo Monasterio de Santiago de Ermelo:  estudio, documentación e índices
de  Romaní Martínez, Miguel; Otero Piñeyro Maseda, Pablo S.
Moitas son as persoas que ao longos destes anos me pregunta sobre Ermelo. Varios ata me dicían "Por que non escribes algo…" e, dende o 2005, lles respondía: "Xa está escrito e bastante ben documentado”… e lles regalaba o libro “El antiguo Monasterio de Santiago de Ermelo...” pero cando pasou da media ducia non me quedou máis remedio que darlles só a referencia do mesmo...
Agora, e para que sexan algúns máis os coñecedores do mesmo, poño a referencia no blog:  


Atrainte e pouco coñecido estudo monográfico sobre este mosteiro do noso concello. Interesante son a bibliografía utilizada e as fontes manuscritas e epigráficas que nos permiten verificar as aseveracións e hipóteses que aparecen ao longo do libro. A aproximación histórica das páx 62-68 son un resumo atractivo.
A colección Diplomática de documentos mostrados, que se atopan en diversos arquivos (páx 81-99), son fermosas mostras do legado escrito deste mosteiro.
Tamén quixera pór en valor o rigoroso das transcricións feitas. 
De todo o atropeladamente dito deducirase, con certeza,  que considero que é o mellor e máis documentado estudo sobre o mosteiro de Ermelo.
Pero se ti estás interesada/o polo tema o mellor é ler o libro de xeito amodiño pois non é precisamente unha novela...


1/2/12

O xograr Macías o Namorado era natural de Bueu (s. XIII)….

Toda a bibliografía deste xograr/trobador cítase como nado en Padrón (ata o mesmo Johán Carballeira o recolle nun artigo da revista Estampa). Pero será a partires do ano 2005 onde os investigadores Miguel Romaní e Pablo S. Otero nun pequeno, pero contundente, artigo na Revista do Museo de Pontevedra titulado : “Macías, un juglar del s. XIII: Evidencia documental”, pretenden dar a coñecer un documento en latín do ano 1261 conservado no AHNMadrid (Sección clero, carpeta 1859/6) e pertencente ao fondo monástico de San Xoán de Poio. O seu interese radica en ser o único documento coñecido en que se menciona como testemuña un Mascia iograr, o que serviría para reafirmar documentalmente a figura de Macías o Namorado. Segundo os autores, a orixe padronesa desta figura carece de toda base científica, afirmando, pola contra, que, a partir dos datos ofrecidos por este novo documento, “Mascia era natural de Bueu o de la Comarca del Morrazo” (p. 30). Así mesmo, tamén desbotan a cronoloxía proposta ata este momento para a figura de Macías o Namorado e avogan polo ano 1262 como data en que o situaría este novo documento. Por tanto, “si esto fuese así, habría que considerar que Macías o Namorado perteneció al periodo más brillante de la lírica galaico-portuguesa, en lugar de situarse, como se ha considerado hasta ahora, en el periodo de la decadencia lírica gallega” (p. 31). Complétase o traballo coa reprodución facsímile do documento, así como a súa transcrición e tradución para o galego moderno, achegando ademais unha listaxe das persoas e outra dos topónimos citados no texto, entre os que se inclúen os seguintes: Santa María de Beluso (Bueu, PO), Bueu (PO), San Salvador de Coiro (Cangas, PO), O Morrazo (PO) e Pontevedra.

Padrón ten unha estatua na súa honra e pon en valor ao poeta. O concello de Arjonilla (Jaén), lugar onde morreu asasinado polos seus amores con Elvira, celebran no mes de setembro as “Fiestas de Macías el Enamorado
 con máis de dúas semanas de talleres e distintas actividades medievais (mercado, gastronomía, danzas, visitas teatralizadas ao castelo de Macías….).

E a Bueu non se lle pide máis que coñeza a un poeta ao que se lle atribúen 21 cantigas, reunidas no Cancionero de Baena e que, segundo a cronoloxía revisada polo profesor Romaní et alt., puido ser ata veciño do noso pobo e contemporáneo do, tamén noso, Johán de Cangas.


Cantigas En Loores De Amor de Macías, O Namorado

Con tal alto poderyo
Amor nunca fue juntado
nin con tal orgullo e brío
qual yo uy por mi pecado
contra mí, que fuy sandío
denodado en yr a ver
su grant poder
e muy alto señoryo.
Con él venía Messura,
e la noble Cortesya,
la poderosa Cordura,
la briosa loçanía;
rreglávalos Fermosura
que traya gran valor,
porque Amor
venció la mi grant locura.
El mi corazón syn seso
desque los sus ases vydo,
fallescióme e fuy preso,
e finqué muy mal ferido:
la mi vida es en pesso
sy acorro non me ven.
ora de quen
el desir ni era defeso.